]No cada vez mais complexo marco normativo e coas dispares resolución xudiciais, a desconfianza entre empresario e traballador non fai máis que medrar, xa que ningún ten claro cales son os seus dereitos e obrigacións.
Axestión procura clarexar esta maraña xurídica e ofrece un contacto directo para a resolución de dúbidas tanto para o empresario como para os traballadores, todo elo para que xurda unha relación basada na transparencia e mutua confianza que permita trocar situacións de conflicto nun clima de confianza e colaboración.
Asemade apostamos pola formación contínua dos nosos especialistas, que se apoian de bases de datos actualizadas e programas informáticos de última xeración, todo elo para estar sempre adaptados aos novos requisitos adminstrativos e aos cambios xurisprudenciais.
O transporte marítimo e a forma comercial mais empregada a nivel mundial, supón mais do 80 % do transporte de mercadorías tanto a nivel nacional como dende o punto de vista internacional, sendo na meirande parte de ocasións compatible e complementario do transporte aéreo e tamén do terrestre.
O porto de Vilagarcia de Arousa atópase dentro dos mais importantes de Galicia, xunto cos de Vigo, A Coruña e Ferrol, posicionándose como un dos motores económicos e sociais da cidade.
En Axestión prestamos todo tipo de asesoramento tanto no eido do dereito privado, como no do dereito público na area do transporte de mercadorías e pasaxeiros.