Dise que un se acorda de Santa Bárbara cando trona, Axestion non. Tódolos proxectos empresariais son estudiados para detectar necesidades e adiantarnos aos problemas futuros. O fín último é protexer ao empresario e ao seu patrimonio familiar. As empresas abren e pechan, pero vida non temos máis que unha e non deixaremos que se lle falle aos seres queridos.
Sendo conscientes de que as empresas a duras penas sobreviven aos seus creadores ou que a mesma é unha fonte de problemas para os herdeiros do empresario finado, Axestión esta especializada na elaboración de Protocolos familiares que faciliten a transmisión das empresas familiares as seguintes xeracións nun marco fiscal adecuado e sen sorpresas.
Por último e non menos importante ante as últimas sentezas no ámbito penal onde se remarca a responsabilidade do empresario polas actuacións da sua empresa, Axestión especializouse na elaboración de Programas de Compliance penal que sirvan de cortafogo entre o patrimonio persoal do empresario e a sua familia e a propia empresa da que é titular.